Crónica 1ª proba xuvenil a Lanzada

0
695
image002
 Crónica 1ª Proba Infantil e Xuvenil de Surf e Body – Praia de A Lanzada (O Grove).

A pasada fin de semana celebrouse na Praia da Lanzada a 1ª proba do circuito galego infantil e xuvenil de surf e bodyboard , a proba foi un éxito de participación e organización , xa que contou con máis de 110 incritos repartidos en todalas categorías .

Nesta proba os riders xogabanse moito xa que tiña acceso o campionato de España, e os vencedores das categorías sub 18 tiñan un wilcard para o Rias Baixas Pro.

Agradecer neste campionato a todolos organizadores como son Prado surf club e Zorlak surfboards polo seu enorme traballo e os colaboradores Concello do Grove, ONeil, Cocacola , Kannion, TSP entre outros.

A clasificación da 1ª proba do circuito xuvenil quedou da seguinte maneira:

Sub12 masc

1.     Pedro Suarez

2.     Enrique Conde

3.     Martin Miles

4.     Nicolas Iglesias

Sub12 feme

1.     Martina Alvarez

2.     Zara Vilariño

3.     Uxia Misa

4.     Noa Fernandez


image003

Sub 14 masc

1.     Carlos Vazquez

2.     Diego garcia

3.     Guillermo Novalbos

4.     Miguel Rey

image004

Sub14 feme

1.     Carla Mosquera

2.     Carla Fernandez

3.     Marta Diaz

4.     Claudia Arufe

image005

Sub16 masc

1.     Leo Zambrano

2.     Álvaro Frojan

3.     Juan   Fernandez

4.     Borja Malvar

image006

Sub16 feme

1.     Isabel Gundin

2.     Carla Mosquera

3.     Marta Gomez

4.     Alba Novoa

image007
Sun18 masc

1.     Leo Zambrano

2.     Martin Cortijo

3.     Juan Fernandez

4.     Borja Malvar

image008

Sub18 feme

1.     Isabel Gundin

2.     Alba Lloves

3.     Cristina Iglesias

4.     Raquel Dopazo

image009

image010
SUB. 16 BODY

1.     Juan Sande

2.     Bruno Martin

3.     Marta Suarez

4.     Eloy Costas

SUB. 18 BODY

1.     Carlos Megino

2.     Juan Sande

3.     Bruno Martin

4.     Lois Lopez

5.     Pablo Minguez

SURF RIAS BAIXAS PRO.

Os vindeiros días, do 9 ao 13 de abril seguiremos con mais surf na Praia de A Lanzada. Celebrarase o Evento Surf Rias Baixas Pro.

Dende a federación otorgamos dous wilcards a maiores dos que a organización cedeu para a 1ª proba infantil do circuito, quedando da seguinte maneira :

Leo Zambrano – Campion 1ª proba infantil e xuvenil de surf e body – Lanzada

Isabel Gundín – Campiona 1ª proba infantil e xuvenil de surf e body – Lanzada

Diego Álvarez – mellor surfista 2013 (Wildcard outorgado pola FGS)

Paula Paz – mellor surfista 2013 (Wildcard outorgado pola FGS)

Tamén hai que dicir, que neste gran evento de recoñecemento mundial haberá presenza de xuíces galegos pertencentes ao Staff habitual da FGS. Por iso temos a enorme nova de anunciar os xuíces galegos que foron convocados, Eugenio Prados e Dario Garrido procedentes de Ferrol. Demostrarase de esta maneira o bo nivel dos xuices galegos.

A seguinte proba do Circuito que se celebrará será a 2ª proba infantil e xuvenil de surf e body programada nun inicio para os días 26 e 27 de abril.

Esperamos contar con todos vos de novo!

Boas Ondas!!!