2ª Proba Open de Surf e Bodyboard do Circuito Galego – Praia de Rio Sieira

0
523

cartelriosiera2014

A vindeira fin de semana celebraráse a 2ª proba open de surf e body do circuito. A proba será puntuable para o Circuito Nacional. Nela clasificaránse dous competidores open de cada categoría para entrar directamente a Final do Campeonato de España 2014.

 

Esta fin de semana estará chea de actividades na praia de Río Sieira (Porto do Son). O Area longa Surf club, club que organizará en conxunto coa Federación Galega de Surf esta proba, tamén tentará realizar as seguintes actividades que irán enfocadas a todos os públicos.

 

O Sábado 17 de maio en paralelo a competición oficial, levaránse a cabo cursos gratis de surf e paddlesurf.  Si queres aprender a practicar este deporte, non dubides en achegarte a praia. De 12:00 a 13:30 horas desenrolaráse o curso de surf e xa durante a tarde, sobre as 16:00 horas comezará o curso de paddlesurf. A Escola poñerá a vosa disposición material necesario para as clases, monitores titulados e seguro de accidentes.

 

As 18:00 horas comezará a limpeza da praia de Rio Sieira (Porto do Son), con COGE3. Esta iniciativa que estamos a impulsar enérxicamente dende a Federación Galega de Surf e os clubes así como escolas de toda Galicia, consiste en retirar da praia todos aqueles residuos que dañen o medio ambiente. Xa a primeira hora da maña cada competidor terá que recoller a lo menos tres residuos obligatoriamente e presentarse na carpa da organización para facer o check in e poder competir.  A Federación Galega de surf está traballando activamente en conxunto con Goge3. Goge3 ten o único fin de concienciar e educar para intentar acabar coa contaminación na naturaza.

 

Unha vez rematadas todas as actividades, incluida a programción do campeonato oficial, o clube deleitará aos competidores e staff técnico con unha cea sobre as 22:00 horas para logo continuar a festa nocturna co concerto de Curva Eskerda que será as 22:30 horas na mesma praia de  Rio Siera (Porto do Son).

 

Para domingo 18 de maio ao Area longa surf club seguirá con máis actividades, a partir das 12:00 horas do medio día continuarán con cursos de surf e paddlesurf gratuítos e xa pola tarde realizarase un Tag Team para os competidores de surf e bodyboard.

Recordamos unha vez máis que os competidores, staff técnico e demais publico poderán gozar da gastronomía galega a pé de praia, xa que a Federación contará con Gastromanía a Pé de Praia con Nacho Rodríguez e Lucas Requejo, que nos ofrecerán os máis típicos menús dentro da cociña galega.

 

Todas as actividades están patrocinadas polo Concello de Porto do Son e os locales da zona entre outros.

 

Esperamos contar con todos vós para participar tanto na competición oficial como nas actividades propostas por Area Longa Surf Club.

Recordamos que o prazo para a inscripción na 2ª proba open de surf e body remata mañá Xoves 15 de maio as 13:00 Horas.

 

Máis info en www.fgsurf.org ou  info@fgsurf.org