1ª Proba Infantil e Xuvenil de Surf e Bodyboard Praia de Patos

0
573

INSCRÍBETE ONLINE

 

ESTADE ATENTOS AS NOVAS, O MÉRCORES CONFIRMARASE O CAMPIONATO, DEPENDENDO DAS CONDICIÓNS !! En caso de ser aprazado rembolsarase a inscripción

 

O vindeiro fin de semana 14-15 de Maio, celebraráse a 1º proba infantil e xuvenil de surf e bodyboard do Circuíto Galego na Praia de Patos – Nigrán. As  inscricións pechan o xoves día 12 de Novembro as 13 horas. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. Recordade  enviar a autorización paterna da nova tempada 2016http://fgsurf.org/federacion/descargas/doc_download/15-autorizacion-paterna.html   (aqueles que aínda non o fixeran), podedes descargala e enviala por email a campeonatos@fgsurf.org

 image002

O venres publicarase un horario provisional na web  www.fgsurf.org 

 

CAMPIONATO: 1º Proba Circuíto Galego infantil e xuvenil de surf e body. Proba  puntuable para o Circuíto Galego. Proba clasificatoria para o campionato nacional.

 

ORGANIZA: Prado Surf  Club e Federación Galega de Surf.

 

COLABORA:   ABANCA,  TSP (The Surfeiros Piratas), Ya Te Comeré,  3sesenta coge3, Xunta de Galicia, Deporte Galego,  Concello de  Nigrán.

 

DATA:  14-15,  Maio.

LUGAR: Praia de Patos – Nigrán (Pontevedra).

HORA: O venres publicarase en www.fgsurf.org

 

CATEGORÍAS:

 

SURF:

sub. 12.(mixto)

sub. 14 (masculino – feminino)

sub. 16 (masculino – feminino)

sub. 18 (masculino – feminino)

 

BODYBOARD:

bodyboard sub. 16 

bodyboard sub. 18

 

PREZO:

15 € / categoría para os competidores que asistan “con técnico” ESCOLAS OFICIAIS*

25 € / categoría para os que asistan “sen técnicos” CLUB / SEN CLUB*

* Recorden que se debe abonar tantas inscricións como categorías nas que se compita.

 

 

INSCRÍBETE ONLINE

 

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS PARA CAMPEONATO: XOVES 12 DE MAIO  ATA AS 13.00 HORAS

 

Nota importante: Os competidores que vaian acompañados por un técnico, será este o que faga o check in do competidor. Do contrario, o competidores terá que abonar a diferenza da inscrición.