1ª Proba do Circuito Galego INTERESCOLAS

0
577
galifornia
 
 
 
 Proba do Circuito Galego INTERESCOLAS – Praia de Razo (Carballo)
A vindeira fin de semana 31 de agosto, celebrarase a 1º proba do Circuito Galego INTERESCOLAS. As inscripcións xa están abertas. ESTAS DEBEN SER TRAMITADAS POLAS ESCOLAS, NUNCA POR UNHA PERSOA INDIVIUDAL. Lembrade que o xoves as 13 horas  é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria ademáis da autorización paterna e o formulario de dereitos de imaxe firmados. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo a non ser que queden prazas libres.
CAMPIONATO: 1ª Proba Circuito Galego INTERESCOLAS.
ORGANIZA: FEDERACION GALEGA DE SURF. 
COLABORA: Coca-cola, Concello de Carballo, 3Sesenta, TSP e Festival Sereas e Piratas entre outros.
DATA: 31 agosto.
LUGAR: Praia de Razo.
CATEGORÍAS: Cursillista / Escola 1ª ano  – femenino/masculino.  
HORA: Confirmación de inscricións polo técnico da escola o sábado de 08:30  a 09:00 horas na  praia. E ás 09:30 horas aproximadamente comezo da competición.
Este campeonato e so para os alumnos das Escolas que forman parte da Federación Galega de Surf. Tratase de inicialos na competición e poder aportarlle unha nova experiencia.
Contaremos coa colaboración do Festival Sereas e Piratas, o cal tera lugar no areal de Razo. Durante a fin de semana, vivirán unha combinación de surf e boa música.
MODALIDADE: SURF.
PREMIOS: Premios para os catro primeiros clasificados.
PREZO:5€
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS:
Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2080-0567-04-3040003179 antes do Xoves  29 de agosto  as 13:00 horas.
INSCRIPCIÓNS: deben ser tramitadas polos técnicos das Escolas Oficiais da FGS.
Debedes enviar o xustificante de pago, o formulario de dereitos de imaxe e a autorización paterna poremail a campeonatos@fgsurf.org á Federación Galega de Surf co formulario de inscripción
PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 29 de agosto  as 13:00 horas.