Eleccións da Federación Galega de Surf

0
558

En base ás competencias emanadas dos Estatutos da Federación Galega de Surf e da Orde Orde do 8 de setembro de 2010, publicada no DOG número 174 do xoves, 9 de setembro de 2010, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se establecen os criterios para a elaboración de regulamentos e realización dos procesos electorais nas Federacións Deportivas Galegas,

Convoco: eleccións dos órganos de goberno, Asemblea Xeral, Presidente e Comisión Delegada da Federación Galega de Surf, con representatividade durante o período 2014 ata o 2018. En consecuencia, dende hoxe ata que finalice o proceso electoral, constitúese á Xunta Electoral da Federación Galega de Surf, que estará integrada polos seguintes membros:

MEMBROS TITULARES                                          MEMBROS SUPLENTES

ANDREA LOPEZ DORIGA SANDOBAL                      JAVIER VARELA

MARCOS FERNANDEZ IGLESIAS                            LORENA VILAN VILAMARIN

FERNANDO BARES FERNANDEZ                             MARIA NAZARET FREITAS VICENTE

 

Serán funcions da Xunta Electoral as seguintes:

a)    a) Velar polo axustamento a dereito do proceso electoral dos órganos de goberno e representación federativos.

b)   Organizar os procesos das eleccións para a asemblea xeral e presidente da federación, segundo o disposto neste regulamento electoral.

c)    Designar as mesas electorais de conformidade co previsto neste regulamento electoral.

d)   Aprobar as candidaturas que reúnan os requisitos esixidos, así como o resto da documentación electoral.

e)   Garantir a exposición de censos, candidaturas e outros documentos según se estableza neste regulamento electoral.

f)     Coñecer e pronunciarse sobre os recursos que se presenten.

g)    Custodiar a documentación correspondente a todo o proceso electoral, excepto o que non lle corresponda do procedemento do voto por correo, ata a súa finalización.

h)   En xeral, cantas facultades lle sexan atribuídas por este regulamento electoral.

Asemade, dende hoxe, a Xunta Directiva da FGS queda disolta, contituíndose en Comisión Xestora que non poderá realizar mais que actos de mera administración e trámite, incluindo as actividades deportivas reflexidas no calendario de Federación e ordear os pagos derivados das mesmas así coma os derivados do propio funcionamento da federación.