Detección de talentos 2015 – Gala do Surf 2014

0
812

 

cartelI

O vindeiro sábado 28 de febreiro terán lugar 2 eventos no concello de Porto do Son:
 Detección de talentos I (Praia de Río Sieira).
 Gala do Surf 2014 (Casa da Cultura de Porto do Son).

DETECCIÓN DE TALENTOS:
  Lugar: Praia de Río Sieira (Porto do Son).
  Data: Sábado, 28 de febreiro de 2015.
 Horario: 10h – 19.30h.
 Prezo: GRAUÍTO (comida 6€ a abonar en el camping).
 Data e hora de fin de inscrición: Venres 27, ás 12h.
 Organizado por:  Federación Galega de Surf.
 Técnicos: Jesús M. Guerra e  Eugenio Prados.
Esta nova actividade terá como finalidade axudar ós clubs, técnicos e deportistas no rendemento deportivo a través dunha xornada de intercambio profesional.
Todo deportista federado, de entre 8 e 18 anos con autonomía para surfear ondas, poderá participar nesta actividade de forma GRATUÍTA e coa opción e recomendación de estar acompañado polo técnico do seu club se o ten.
A comida será no Camping Fraga Balada e se deberá abonar por adiantado (o mesmo día antes de comer no camping) un prezo acordado  de 6€ por deportista.
 

Será obrigatoria unha previa inscrición cós datos do deportista e do técnico que acompaña vía email no enderezo  campeonatos@fgsurf.org , cunha fecha límite do venres 27 ás 12h.