1ª Proba Infantil e Xuvenil de Surf e Bodyboard Praia de A Lanzada – Concello de O Grove

0
473

lanzada

O vindeiro fin de semana 21-22 de marzo, celebrarase a1º proba infantil e xuvenil de surf e bodyboard do Circuíto Galego na Praia de A Lanzada– O Grove.As  inscricións pechan o xoves día 19 de marzo as 13 horas. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo.Recordade  enviar aautorización paterna da nova tempada 2015.

O venres publicarase o horario provisional na nosa web  www.fgsurf.org

CAMPIONATO: 1º Proba Circuíto Galego infantil e xuvenil de surf e body. Proba puntuable para o Circuíto Galego.

ORGANIZA: Prado Surf Club e Federación Galega de Surf.

COLABORA:  Xunta de Galicia, Ya Te Comeré, TSP (The Surfeiros Piratas), O’Neill, 3sesenta, Concello de O Grove, Coge3, entre outros.

DATA: 21-22 setembro.

LUGAR: Praia de A Lanzada (Pontevedra).

HORA: Confirmación de inscricións o sábado e o domingo na praia.

CATEGORÍAS:

SURF

sub. 12.(mixto)

sub. 14 (masculino – feminino)

sub. 16 (masculino – feminino)

sub. 18 (masculino – feminino)

BODYBOARD

bodyboard sub. 16

bodyboard sub. 18

MODALIDADES: Surf e Body

PREZO:

15 € / categoría para os competidores que asistan “con técnico” ESCOLAS OFICIAIS

25 € / categoría para os que asistan “sen técnicos” CLUB / SEN CLUB

* Recorden que se debe abonar tantas inscricións como categorías nas que se compita.

 INSCRIBETE ONLINE

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS PARA CAMPEONATO: XOVES 19 DE MARZO  ATA AS 13.00 HORAS

Nota importante: Os competidores que vaian acompañados por un técnico, será este o que faga o check in do competidor. Do contrario, o competidores terá que abonar a diferenza da inscrición.